esLibre defínese como un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencias ao redor das mesmas e pensado para recuperar a idea de comunidade.
Terá lugar o 21 de xuño, na Escola Técnica Superior de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada.
Contará con estas actividades:
- Track principal
- Track xeral
- Charlas breves (lightning talks)
- Titoriais
- Hackatóns (para unhas 20 persoas)
- Devrooms propostas por comunidades, centrados no software, hardware ou outras tecnoloxías libres.
Pódense enviar propostas para os tracks e as charlas breves ata o 15 de maio. O prazo de envío de propostas para os devrooms xa rematou. Tedes toda a información sobre as propostas, nesta ligazón.
Prezo
esLibre é de libre acceso, pero contan cun sistema de rexistro no que é necesario anotarse.
Rutas turísticas para geeks
Para os que queden o sábado, organizaranse un par de rutas alternativas por Granada:
- Ruta geek de visita a estruturas steampunk e as matemáticas nos monumentos.
- Ruta de grafiti.
Máis información: https://eslib.re/2019/
