Entrevista con Vreixo González, gañador da edición 2014 do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre

Luns, 12 Setembro 2016

Foto de Vreixo González"Penso que o desenvolvemento de software libre me axudou de cara a ter un repositorio público no que poder ensinar todo o meu código e así poder mostrar os meus coñecementos."

Vreixo González é o protagonista de hoxe da nosa serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Vreixo foi o gañador da edición 2014 grazas a súa colaboración co proxecto de software libre OpenTripPlanner. Na entrevista, Vreixo cóntanos como a día se hoxe segue vencellado a este proxecto, colaborando, e como o seu desenvolvemento potenciou á comunidade do mesmo.

Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Este premio, que vai pola súa IX edición, ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar a carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio. Dende o curso 2011-2012 este premio é convocado e organizado pola Amtega como parte do seu Plan de Acción en materia de Software Libre, para o que conta coa colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego.

Con esta iniciativa a Xunta desexa continuar poñendo en valor o traballo que realizan os universitarios galegos durante o seu Traballo Fin de Grao ou Mestrado, promovendo o emprego e difusión do Software Libre como ferramenta de achegamento ao mundo laboral.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal