Foto de Sabela Ramos"Recomendaríalles aos alumnos, non só que fixesen o PFC con Software Libre, senón que aproveitasen para facer as súas achegas a distintos proxectos e publicar os seus traballos".

Sabela Ramos protagoniza esta seguinte entrega da nosa serie de entrevistas coas e cos galardoados nas anteriores edicións do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Sabela foi a gañadora da edición 2009 cun proxecto que a día de hoxe está integrado no proxecto de software libre MPJ Express. Na súa entrevista cóntanos como a raíz do proxecto se interesou máis polo software libre e como a día de hoxe no seu traballo segue a publicar software libre.

Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.

Este premio, que vai pola súa IX edición, ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar a carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio. Dende o curso 2011-2012 este premio é convocado e organizado pola Amtega como parte do seu Plan de Acción en materia de Software Libre, para o que conta coa colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego.

Con esta iniciativa a Xunta desexa continuar poñendo en valor o traballo que realizan os universitarios galegos durante o seu Traballo Fin de Grao ou Mestrado, promovendo o emprego e difusión do Software Libre como ferramenta de achegamento ao mundo laboral.

Pin It on Pinterest

Share This