A empresa de desenvolvemento de software, enioka Haute Couture, é un dos novos patrocinadores de KDE. Así o anunciou oficialmente KDE o pasado 22 de xullo.

A Presidenta de KDE Lydia Pintscher dixo:
«Esta empresa entende o que significa dar control á xente á hora de crear software; algo que para KDE é profundamente importante».

Marc-Antoine Gouillart, CTO de enioka Haute Couture comentou:
«enioka Haute Couture é unha empresa impulsada polos seus valores e o seu manifesto, na mesma liña que KDE, á que decidimos apoiar. Estamos agradecidos pola existencia de todas as comunidades que crean Software Libre. Son un verdadeiro facilitador na nosa misión de devolver o control do seu desenvolvemento aos nosos clientes. É hora de que expresemos a nosa gratitude apoiando a unha comunidade como KDE».

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This