Eleccións no Consello de openSUSE

Martes, 28 Xaneiro 2020

Ata o próximo 31 de xaneiro de 2020, as persoas que forman a comunidade de openSUSE poden votar para escoller os postos vacantes do Consello de openSUSE.

Presentáronse 4 candidaturas para os dous postos vacantes:
Alessandro de Oliveira Faria, Simon Les, Sarah Julia Kriesch, Vinzenz Vietzke.

As persoas elixidas uniranse ao Consello de openSUSE, formado por 5 membros da comunidade elixidos pola comunidade e un presidente escollido por SUSE.

O consello de openSUSE está para mediar, para tomar decisións en cuestións nas que os grupos de traballo non se poñan de acordo.

Máis información na web de openSUSE

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal