Edición gráfica con GIMP na aula CeMIT de Pontevedra

Luns, 11 Xaneiro 2021
Edición gráfica con GIMP na aula CeMIT de Pontevedra

Entre o 18 e o 22 de xaneiro, en horario de 9:30 a 12:30, terá lugar o curso “Edición gráfica con GIMP” desde a Aula CeMIT de Pontevedra.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal