A iniciativa Maratón Linuxero nace por persoas afeccionadas á emisión de podcast e ao software libre de fala hispana e que estaban tratando de realizar emisións en directo empregando software libre. Finalmente conseguírono e de aí xurdiu a iniciativa de realizar emisións en directo sobre software libre periodicamente.

O sábado 1 de setembro terá lugar unha nova edición do Maratón Linuxero. Esta ocasión será especial xa que a iniciativa conmemora un ano de vida e para celebralo bate os seu propio récord ofrecendo 14 hora de emisión ininterrompida sobre software libre.

Esta edición conmemorativa comezará ás 13:00 horas do horario peninsular onde se darán cita diversas persoas do mundo do software libre para falarnos de diversos temas como a mentorización e a titorización, distribucións e proxectos diversos ou deseño gráfico con software libre. A lista completa cos horarios en UTC está na páxina web do evento, aínda que o acontecemento se retransmite en directo, tamén se poderá escoitar en diferido.

Pin It on Pinterest

Share This