Os días 7, 8, 9 e 10 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00, terá lugar o curso “Retoque fotográfico con GIMP” organizado pola aula CeMIT de Boiro, en formato presencial.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros.

GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This