Entre o 15 e o 18 de xuño, en horario de 10:00 a 12:00, terá lugar un curso online sobre “Edición de imaxes con GIMP” desde a Aula CeMIT de Boiro.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Sobre o curso

O curso será impartido a través de videoconferencias dende a aula CeMIT de Cuntis dentro da iniciativa do Banco de Tempo.

O obxectivo desta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Inscrición

A idade mínima para poder asistir ao curso son 16 anos. Pódese facer a inscrición a través desta ligazón.

Máis información na web do CeMIT

Pin It on Pinterest

Share This