IBM anunciou a sua intención de expandir o seu soporte e ferramentas para a plataforma de desenvolvemento Eclipse Open Source. Dende o seu lanzamento en xuño, a última versión de Eclipse (Eclipse 3.2) foi descargada cerca dun millón e medio de veces e segundo un recente estudo do IDC, está sendo usada por máis de 2 millóns de usuarios …

O soporte que lle proporcione IBM pode axudar a consolidar esta situación. As novas ferramentas propostas por IBM inclúen as ferramentas de desenvolvemento baseadas en Callisto para axudar no deseño aos usuarios. Tamén aportará unha nova ferramenta de desenvolvemento rápido para a construcción de novos compoñentes que funcionen co Portal 6.0 do IBM WebSphere.

IBM tamén agregou as ferramentas do Eclipse ao seu DeveloperWorks, incluíndo unha ferramenta educativa deseñada para axudar aos usuarios de Eclipse a coñecer as novas características da versión 3.2.

Máis información sobre esta nova nas seguintes ligazóns:

http://www.vnunet.com/vnunet/news/2163834/ibm-rolls-open-source

http://www.eclipse.org/

http://www-128.ibm.com/developerworks/

http://www.vnunet.com/vnunet/news/2163834/ibm-rolls-open-source

http://www.heise.de/english/newsticker/news/77931

Pin It on Pinterest

Share This