Podes descargar, de forma gratuíta, o libro electrónico “Ebook OpenExpo Tendencias Open Source y Software Libre 2019” que OpenExpo Europe publicou coa testemuña de máis de 100 profesionais do mundo do Código Aberto, e onde falan da súa visión sobre o uso das tecnoloxías abertas, así coma das tendencias tecnolóxicas que van afectar a este mundo durante o 2019.
Atoparemos comentarios sobre diferentes tecnoloxías e do impacto que van ter tanto nas nosas vidas, como no ámbito empresarial.
Nesta edición, presentan unha clasificación por sectores e temáticas, para poder ofrecer unha visión máis transversal e especializada.
O índice, por sector e temática, no que dividen a publicación é este:
- Government & Public Sector (Goberno e Sector Público)
- Telecommunications Sector (Sector das Telecomunicacións)
- Fintech / Financial Services (Fintech / Servizos Financeiros)
- Tourism & Transport Sector (Sector de Turismo e Transporte)
- IoT & Smart Cities (Internet das Cousas e Cidades Intelixentes)
- Cybersecurity Open Source Software (Software de Ciberseguridade de Código Aberto)
- Education sector (Sector Educativo)
- Healthcare sector (Sector Sanitario)
- Cloud Computing (Computación na nube)
- Digital Transformation (Transformación Dixital)
- Future Global Visions of Open Source & Free Software (Futuras visións globais do código aberto e do software libre)
E como conclusións finais, expoñen as tendencias máis relevantes para 2019:
- Big Data
- Intelixencia Artificial
- Internet das cousas
e o que veremos no 2019:
- IA, máquinas e sistemas intelixentes
- IoT (Internet das Cousas)
- Blockchain
- Big Data
- Ciberseguridade
