Cartel do curso de ScratchHoxe remata o curso de Scratch para docentes, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa AMTEGA a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O curso, que comezou onte á tarde no Centro Demostrador TIC, espertou moito interese entre o do profesorado non universitario de toda Galicia ao superar a demanda as 35 prazas dispoñibles.

Nun total de 8 horas, os docentes que asisten ao curso fórmanse no desenvolvemento de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch, que despois poderán empregar nas súas dinámicas educativas cos escolares. Son tamén obxectivos esenciais do curso comprender a potencia de Scracth como ferramenta didáctica; coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas.

Scratch é un aplicativo destinado a introducir aos nenos e nenas, de 8 a 16 anos, no mundo da programación mediante o uso dunha sinxela interface gráfica, coa que poden crear historias interactivas, xogos e animacións e logo compartir os proxectos creados na rede xa que hai unha gran comunidade ao seu redor. Na web do proxecto Scratch hai un espazo reservado para publicar os proxectos creados, sempre coa licenza Creative Commons Compartir Igual. Isto permite que calquera poida aprender vendo os proxectos doutros e recrealos, modificándoos ou engadíndolles novas características. Ademais, hai tamén un portal web adicado ao uso de Scratch pola comunidade educativa: ScratchEd

Con estes ingredientes, o uso deste aplicativo permítelles as rapaces aprender, a través do xogo, a pensar creativamente, a razoar sistematicamente, e a traballar colaborativamente, habilidades esenciais para a vida no século XXI.

Scratch é software libre e utiliza a linguaxe LOGO e está desenvolvido polo grupo “The Lifelong Kindergarten group” no Media Lab do MIT (Massachussets Institute of Tecnology).

Programa

Xoves 24 de abril

  • ¿Por que ensinar a programar a escolares?
  • Introdución á ferramenta Scratch
    • Audio e gráficos
    • Bucles e condicións
    • Paralelismo e eventos
    • Operacións matemáticas e lóxicas
    • Sincronización de procesos
    • Variables e listas

Venres 25 de abril

  • Conceptos avanzados con Scratch:
    • Abstracción
    • Clons
    • Integración de vídeo
    • Variables Cloud
  • Estratexias de integración da programación con Scratch na aula

Formadores con 10 anos de experiencia

Esta iniciativa enmárcase nas actividades previstas no convenio de colaboración entre o CPETIG e a Amtega, asinado o pasado 2 de abril, e conta coa participación dos profesores Jesús Moreno León e José Ignacio Huertas Fernández. Ambos docentes son enxeñeiros técnicos en Informática e mestrados en enxeñaría de sistemas telemáticos con 10 anos de experiencia como profesores de informática en secundaria e formación profesional

O CPETIG, mediante estas actividades formativas, quere contribuír ao fomento e promoción de da sociedade da información e das tecnoloxías da información nos ámbitos da comunidade educativa, sobre todo, entre os máis novos.

Pin It on Pinterest

Share This