Distribución GNU/Linux en Galego para centros educativos

Galinux é unha distribución Linux baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:

  • Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.

  • Dous xeitos de empregalo: como Live-CD auténtico (non necesita nin disco duro) ou instalándoo coma un programa máis en Windows XP.
  • Aparencia e organización visual moi próximas a Windows XP e uso do idioma galego en todas as aplicacións posibles.
  • Lixeiro: a pesar de iniciarse coa mesma ou máis rapidez que outros sistemas operativos que necesitan instalación, xestiona ben o hardware de moitos tipos de PC sen drivers adicionais.
  • Pódese iniciar desde o CD ou doutros moitos xeitos: desde discos duros (o instalador para Windows XP só fai unha pseudo-instalación), dispositivos USB, desde MS-DOS ou outros sistemas operativos (usuarios avanzados).
  • Xa que foi deseñado para ser empregado en centros educativos, é moi doado e seguro: non modifica por defecto ningún arquivo ou sistema operativo preinstalado; ademais, na versión instalable ofrece unha opción de inicio que só permite a navegación web e nada máis.
  • Contén moitas aplicacións: navegadores, suites ofimáticas, multimedia, para o ensino e moitas máis. Poderás traballar cos teus documentos de sempre porque moitas delas son compatibles con Microsoft Office, arquivos multimedia de Windows, etc.
  • Configurable: pode escoller os programas e ferramentas por defecto no momento da instalación en Windows XP ou empregalos “en vivo” con só facer clic nun arquivo. Tamén é doado facer que os cambios na configuración e nos documentos sexan permanentes.

Máis información:

http://www.galinux.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal