Open BI Suite 1.2 é unha ferramenta de workflow de BI (business intelligence) totalmente orientada cara o mundo dos negocios. Está incluída nas distribucións de Servidor e Desktop de SUSE Linux Enterprise 10 da firma Novell.
 
Dende a web de Open BI Suite 1.2, proxecto de Software Libre aloxado en SourceForge, pódese ver os novos avances desta plataforma que van dende crear novas listas para realizar informes ata ferramentas que axudan á reutilización de librerías estándares referidas a vendas, finanzas, medios humanos, etc.

 
Outra das novas melloras ten que ver na solución chamada Pentaho Design Studio que ten unha interface moito máis mellorada e que conta, entre moitas outros avances, cun asistente para o deseño de informes integrado no mesmo Design Studio.
 
Páxina da descarga está nesta ligazón 

Pin It on Pinterest

Share This