Pine64 xa acepta pedidos previos para o PinePhone “Community Edition” con PostmarketOS. O novo modelo de PinePhone chega con 3 GB de RAM e 32 GB de flash.

Engadiuse unha base USB-C para a converxencia (podendo usar o teléfono como un computador conectándoo a unha pantalla, a un rato, teclado USB e a unha rede cableada). Prezo coa base 199.99 dólares, sen a base 149.99 dólares.

Características do modelo: Procesador A64 de catro núcleos Cortex-A53 a 1,2 Ghz con GPU Arm Mali-400 MP2, memoria de 3 GB LPDDR3 SDRAM, eMMC de 32 GB, tarxeta MicroSD, pantalla de 5.95″ (capacitiva IPS cunha resolución de 1440×720), jack de audio estéreo de 3.5mm, bandas LTE globais, Wi-fi b/g/n, bluetooth 4.0, GPS, USB de tipo C con soporte para DisplayPort, 4 interruptores de privacidade (LTE (inclúe GPS), Wifi/ BT, Micrófono e Cámara), batería extraíble de Li-Po de 3000 mAh, carga rápida a través de USB-C, peso de 185 gramos.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This