Acabamos de subir o último corrector de galego do OpenOffice.org (presentado o 27 de setembro) á web oficial dos correctores do OpenOffice.org para poder instalar o dicionario usando o asistente de instalación do OpenOffice.org.
 
As instrucións para instalar o dicionario usando o asistente son as seguintes:

  1. Abrir o OpenOffice
  2. Abrir o asistente de instalación de dicionarios do OpenOffice, e que se pode atopar no menú “Ficheiro->Asistentes->Instalar novos dicionarios”.
  3. Seleccionar o idioma do asistente de instalación pulsando no idioma correspondente.
  4. Pulsar no botón de “Executar DicOOo” do idioma que queiras usar durante a instalación.
  5. Agora debería abrirse unha pequena ventá co asistente.
  6. Para instalar o dicionario on-line deberemos pulsar simplemente “Seguinte” (Tamén se pode instalar o dicionario se xa o tes descargado, usando a opción de “Instalación dun paquete de dicionarios xa descargado”)
  7. Aparece a ventá de dicionarios ortográficos. Pulsamos en “Recuperar o listado” e aparecerán os dicionarios dispoñibles na web do OpenOffice.
  8. Seleccionamos “Galician (Spain)” e pulsamos en “Seguinte”.
  9. Os seguintes tipos de dicionarios non están dispoñibles en galego, polo tanto premeremos “Seguinte” dúas veces.
  10. O asistente avisaranos que empezará a descargar os dicionarios e instalaraos.

Pin It on Pinterest

Share This