O Proxecto Trasno acaba de rematar a primeira tradución completa de Discourse na súa actual versión de desenvolvemento 2.7.0-beta3.

A memoria de tradución, en formato estándar XLIFF está á vosa disposición no repositorio de Trasno.gal (licenza libre GNU v2):
54284 palabras de orixe
7107 cadeas ou unidades de tradución

http://trasno.gal/memorias-de-traducion/

Discourse

Discourse é unha plataforma de debate de software libre. Pode utilizarse como lista de correo, foro de discusión, sala de chat de longa duración e moito máis.

Discourse é un foro de discusión moderno na internet de hoxe en día.

Os comportamentos positivos foméntanse a través de “likes” e as insignias. Educan aos membros de forma suave e constante, sobre as regras universais do discurso civilizado.

Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se dedican a localizar software libre ao galego.

Isto é:
– é un proxecto de colaboración por medio da Internet para traducir (localizar) aplicativos informáticos ao galego
– é un proxecto que se dedica só ao software libre
– é un proxecto formado por voluntarios que contribúen o seu tempo e esforzo a esta actividade
– é un punto de encontro para todos aqueles que queremos que haxa tecnoloxía informática en galego

O Proxecto Trasno nace no ano 2000 a partir de dous proxectos que no 1999 comezan a localizar software libre e documentación ao galego. Durante estes anos os voluntarios do proxecto traballaron nos principais aplicativos de software libre: dende as distribucións GNU/Linux, aos ambientes de escritorio a cantidade de ferramentas de ofimática ou multimedia. Así mesmo, o traballo de elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías é unha das principais ocupacións do grupo.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This