O pasado Venres 10 de decembro tivo lugar na sede de Igalia, a clausura dos IV premios ao mellor proxecto fin de carreira con software libre, organizados por Igalia e co patrocinio de CENATIC.

Gañadores da Iv edición do premio ao mellor PFC con SwL Gañadores da Iv edición do premio ao mellor PFC con SwL

O xurado estivo conformado por representantes das facultades e escolas de informática e telecomunicacións das universidades galegas:

  • Alberto Valderruten Vidal, da Facultade de Informática da UDC
  • Raúl Rodríguez Rubio, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da UVI
  • Francisco Javier Rodríguez, da Escola Superior de Enxeñería Informática da UVI
  • David López Vilariño da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
  • Roberto Vieito en representación da Oficina de Coordinación FLOSS da Xunta de Galicia
  • Jacobo Aragunde e Alberto García por parte de Igalia.

Exposición dos proxectos dos candidatos ao PremioDe cara á resolución tivéronse en conta tanto os aspectos puramente técnicos dos proxectos como os relacionados coa comunidade e o uso de ferramentas libres.

O gañador desta edición foi Diego Darriba López co seu proxecto “ProtTest-HPC: unha Aplicación Distribuida de Altas Prestacións para a Selección de Modelos de Evolución de Proteínas”.Exposición dos proxectos dos candidatos ao Premio

Tamén se concedeu un Accésit (cunha dotación de 500€) a Alberto Silva López polo seu proxecto “Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC”.

Por último, e debido á calidade do proxecto presentado, o xurado tamén acordou conceder unha mención de honra ao proxecto de Álvaro de Vega Díaz “Diseño, implementación y prueba de una librería para el tratamiento paralelo de un contenedor de datos”.

Dende aquí sumámonos á felicitación a todos os participantes polo seu tempo e traballo e por publicaren os seus proxectos con licenzas libres.

Os organizadores queren tamén agradecer ao CENATIC o seu patrocinio, que axudou a que esta iniciativa fose posible.

Grazas a todos pola vosa axuda e participación.

Pin It on Pinterest

Share This