O próximo sábado 6 de marzo, celébrase o OpenData Day 2021 (Día dos datos abertos) arredor de todo o mundo.
OpenData Day
O Día dos Datos Abertos é unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo, dirixido a todo tipo de público. Por décima vez na historia, grupos de todo o mundo crearán eventos locais que utilizarán datos abertos nas súas comunidades para crear aplicacións, visualizacións, liberar datos ou publicar análises.
Todos os traballos realizados son abertos para poder reutilizarse.
O enfoque deste ano será en catro áreas crave:
– Datos ambientais
– Rastrexo de fluxos de diñeiro público
– Mapeo aberto
– Desenvolvemento equitativo
OpenDdata Day 2021 – A Coruña
Un dos eventos locais que terán lugar nesta celebración será o OpenData Day 2021 – A Coruña, organizado pola Asociación Melisa.
Fai uns días contamos coa colaboración de Rafael Rodríguez Gaioso, presidente da Asociación Melisa, no podcast de Mancomún. Con el estivemos falando sobre o mundo dos datos abertos e sobre este evento local organizados pola asociación. Podedes escoitar o programa 49-Mancomún Podcast: OpenData day con Rafael R. Gaioso, nesta ligazón:
https://www.mancomun.gal/noticias/49-mancomun-podcast-opendata-day-con-rafael-r-gaioso/
E nesta táboa podedes ver as charlas que terán lugar no evento, ademais dos seus relatores: