Día do mapatón humanitario 2019

Luns, 1 Abril 2019

O xoves 11 de abril pola tarde, en horario de 16.30 a 20.00 horas, celébrase o “Día do Mapatón Humanitario 2019” en varias localidades de España e entre elas, na aula de informática da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

Durante este evento, cartografarase colectivamente en varias localidades. A intención é tratar de encher algúns dos baleiros cartográficos actuais e documentar poboacións esquecidas que necesitan asistencia médico-humanitaria.

Con este obxectivo, naceu Missing Maps, iniciativa colaborativa posta en marcha por Médicos Sin Fronteras xunto coa Cruz Vermella de Gran Bretaña, a Cruz Vermella estadounidense e o equipo humanitario de OpenStreetMap.

Missing Maps constitúe un exemplo de voluntariado dixital, unha especie de Wikipedia dos mapas, demostrando que a tecnoloxía espacial libre, aberta e posta ao servizo da cartografía solidaria contribúe a mellorar a capacidade de resposta das organizacións humanitarias.

Mapatón: A cartografía como ferramenta humanitaria

Construíndo un mapa detallado, a axuda humanitaria pode chegar aos pacientes de forma máis rápida, realizar un seguimento das enfermidades con maior eficacia, e comprender mellor as necesidades das persoas tras unha emerxencia.

Un mapatón é un espazo de encontro entre persoas que se unen para cartografar unha zona. Trátanse de eventos masivos de cidadáns que, co seu propio computador, seguindo instrucións e sempre con guías de apoio, recollen e apuntan datos dunha determinada área seleccionada a partir de sucesivas e potentes ampliacións de imaxes vía satélite.

Organizan e colaboran:

Médicos Sin Fronteras, Departamento de Geografía de la Universidad de Zaragoza, Escuela Técnica Superior de Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos, Universidade da Coruña, Cartolab – Laboratorio de Ingeniería Cartográfica, Colegio de Geógrafos e o proxecto Missing Maps.

Dirección do evento en OpenStreetMap:

Aula de informática da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

Máis información e inscrición:

#MapatónHumanitario2019
https://www.eventbrite.es/e/entradas-dia-del-mapaton-humanitario-2019-en-a-coruna-59222844121

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal