Desenvolvedores de todo o mundo colaboran para axudar nos movementos transfronteirizos dos ucraínos

Xoves, 15 Setembro 2022
Desenvolvedores de todo o mundo colaboran para axudar nos movementos transfronteirizos dos ucraínos

Baseada en tecnoloxías abertas, esta iniciativa pretende apoiar á poboación de Ucraína proporcionando información puntual sobre cruces fronteirizos, alertas de mísiles, notificación de persoas desaparecidas, aloxamento e asistencia médica.

Tras o inicio da guerra en Ucraína, un equipo internacional de voluntarios uniu as súas forzas para lanzar un novo sitio web destinado a apoiar aos cidadáns ucraínos. En xeral, o proxecto ten como obxectivo principal facilitar a fuxida das persoas de Ucraína que tentan buscar refuxio nun país veciño.

img

En UASafety.org, que é o resultado desta cooperación internacional baseada en tecnoloxías de software libre, os solicitantes de asilo poden atopar varias informacións prácticas que lles axuden a fuxir de Ucraína. En particular, na páxina de inicio ofrécese unha lista actualizada dos horarios do toque de queda en todo o país, xunto con outros recursos útiles.

Unha das principais ferramentas ao dispor dos usuarios é o portal de pasos fronteirizos. Ofrece á ucraínos información puntual relacionada cun conxunto diverso de países, como Polonia, Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia. Construída sobre Open Street Map, toda a información dispoñible vai acompañada dun mapa interactivo e actualizado que mostra os diferentes roteiros a tomar para cruzar a fronteira con información adicional sobre os atrasos nos coches e o tempo recomendado.

mapa

Ademais, o sitio web ofrece unha ligazón ás canles de Telegram para recibir notificacións en directo sobre a chegada de mísiles e alertas aéreas en toda Ucraína, todo iso en varios idiomas.

Tamén se poden atopar actualizacións puntuais en varias plataformas de medios sociais, xestionadas polo mesmo grupo de desenvolvedores. Ademais, o sitio web permite unha ligazón directa coa Comisión Internacional sobre Persoas Desaparecidas, cuxo obxectivo é axilizar a notificación de persoas desaparecidas.

Por último, o equipo ofrece máis información sobre axuda xeral e xurídica, así como sobre loxística, desde o aloxamento ata a asistencia médica e as análises políticas da situación actual.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal