Deseño gráfico con Inkscape, na aula CeMIT de Boiro

Martes, 30 Marzo 2021
Deseño gráfico con Inkscape, na aula CeMIT de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro impartirá do día 5 ao 8 de abril, o curso online de “Deseño gráfico con Inkscape”, en horario de 10.00 a 12.00.

Inkscape

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS).

Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade.

O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Ten funcionalidades moi fáciles de comprender, unha interface sinxela, soporte para varios idiomas, está deseñado para ser extensible, ademais, os usuarios poden personalizar as funcionalidades de Inkscape coas súas múltiples extensións.

Inkscape ten as ferramentas típicas dun programa de debuxo, así como o a posibilidade de traballar con capas. As últimas versións inclúen unha interface de usuario actualizada, presenta unha mellor compatibilidade con pantallas 4K/HiDPI e agora ten compatibilidade con temas.

Inkscape é unha das ferramentas libres de edición de imaxes máis empregadas.

O proxecto de Inkscape ten unha comunidade de usuarios internacional en constante crecemento e existen moitos materiais de aprendizaxe. A axuda e o soporte son proporcionados pola propia comunidade.

Inscrición

A inscrición pode facerse na aula CeMIT do Centro Social de Boiro. As inscricións tamén se poden facer a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal