Demostración en liña sobre a solución Gapp e GLPI que terá lugar o 14 de Febreiro de 2020 de 09:30h a 10:15h.

A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa TICgal.

GLPI

Un dos grandes retos das empresas hoxe en día é optimizar as xestións, tanto internas coma externas, utilizando ferramentas que faciliten a coordinación, minimizando o volume de comunicacións, especialmente por correo electrónico, e ofrecéndolles aos responsables parámetros medibles.

GLPI é unha ferramenta de código aberto para a xestión de departamentos TI, que cumpre con estes obxectivos.
Gapp é unha solución de mobilidade para GLPI desenvolvida por TICgal.

A quen está dirixido?

Organizacións que desexen mellorar os seus fluxos de traballo tanto para TI como para outros departamentos.

Programa

GLPI
Que é un service desk?
Quen precisa un service desk?
GLPI como solución service desk
GLPI como solución de inventario

Que é Gapp?
Ciclo de vida dunha petición
Creación
Seguimentos
Tarefas
Solución
Enquisa de satisfacción

A Gapp da túa organización
Deeplinks
Notificacións
Control horario con TAM

Exclusivamente por streaming

Pode atopar máis información así como inscribirse na páxina web do evento.

Imparte

TICgal
Empresa especializada en implantación, soporte e desenvolvemento para GLPI, ferramenta ITSM de código aberto. Primeiro partner de Teclib’ para GLPI en español no mundo.

Óscar Beiro, fundador de TICgal con 12 anos de experiencia administrando instalacións GLPI / Fusioninventory.

Máis información na web do evento

Pin It on Pinterest

Share This