Demostración en liña sobre a solución Rocket.Chat que terá lugar o 8 de abril de 2020 de 10:00h a 10:45h.

A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa Queres Tecnologías.

Rocket.Chat

Con Rocket.Chat poderás controlar e xestionar os datos da túa comunicación, ter a túa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do teu equipo. Rocket.Chat é escalable, gratuíto e de código aberto, substitúe o correo electrónico e mellora o teu fluxo de traballo dixital.

Coa nova situación de espallamento do cadro do persoal por mor da crise sanitaria do COVID-19 é necesario coñecer as mellores solucións para manter unha correcta comunicación na distancia entre equipos de traballo.

A quen está dirixido?

Organizacións que desexen mellorar a súa comunicación, Responsables de sistemas e IT, RR.HH, persoal xerente …

Programa

Comezando a traballar con Rocket.chat
Traballando con canles, mensaxes e videochamadas
Compartindo arquivos
Procuras e atallos en Rocket.chat
Integracións simples pero útiles
Conclusións

Exclusivamente por streaming

Pode atopar máis información así como inscribirse na páxina web do evento.

Imparte

Queres Tecnologías

Empresa que proporciona servizos de consultoría, desenvolvemento e integración para a plataforma Rocket.chat co obxectivo de mellorar a comunicación e a colaboración ao longo e ancho de toda a empresa.
Ademais, Queres axuda coa implantación de software para a xestión de nóminas, facturas, contratos e en xeral calquera proceso documental. Ofrece o seu expertise tecnolóxico desde hai máis de 15 anos a clientes repartidos por toda Europa.

Máis información na web do evento

Pin It on Pinterest

Share This