Demostración en liña sobre a solución ERP libre Odoo que terá lugar o 26 de abril de 9:30 a 10:15.
A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa Anubía soluciones en la nube (consultora especialista e partner de Odoo).

Odoo

Autoría imaxe: De Veer18virus – Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=46296675

Funcionalidades destacadas de Odoo

  • Capacidade de engadir clientes á nosa lista, produtos ao noso catálogo e mesmo xerar asentos contables
  • Realización de cálculos automáticos de prezos e custos de venda
  • Xerar orzamentos que se poden converter en pedidos, albarás e facturas
  • Completamente accesible dende calquera dispositivo que teña un navegador web
  • Amplo catálogo de plugins e unha activa comunidade de colaboradores

A quen está dirixido?

A calquera tipo de empresa, de calquera tamaño ou sector que estea interesada en xestionar a facturación ou a contabilidade desde un ERP, mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade loxística e empresarial para mellorar a xestión diaria e toma de decisións ou en contratar a implantación do ERP (Odoo).

Odoo está dispoñibles no CDTIC Virtual para poder ser probado. O CDTIC Virtual, posto en marcha polo Centro Demostrador TIC, constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións de software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Programa Anubia Odoo

Programa da sesión demostradora

  • Ficha de cliente/provedor e produtos. Datos fiscais
  • PXC: creación de contas e diarios
  • Creación de manual de asentos
  • Realización de facturas de clientes e provedores
  • Rexistro do cobro ou pago de facturas
  • Creación de facturas rectificativas
  • Informes contables: perdas e ganancias, balance e libro maio

Exclusivamente por streaming

Para asistir a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais no CDTIC.
Pode atopar máis información así como inscribirse na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This