Mancomún

Dell ofrece novos portátiles profesionais con Ubuntu preinstalada

Mércores, 30 Maio 2018

A empresa Dell leva 10 anos vendendo computadoras con Ubuntu preinstalado. Todo comezou con un único modelo de portátil, anque posteriormente foron sacando modelos novos.

Ao abeiro do proxecto Sputnik, Dell anuncia catro novos equipos con esta distribución GNU/Linux e están certificados para funcionar con Red Hat Enterprise Linux.

Trátase dos portátiles Dell Precision, en concreto son os modelos 3530, 5530, 7530 e 7730 nas súas edicións “Developer Edition“.
O modelo 3530 xa está dispoñible , mentres que os outros tres aínda non están e serán lanzados ao mercado en breve.

Estes catro modelos de portátiles son todos de gama alta e contan con procesadores Intel Core da oitava xeración ou Intel Xeon de última xeración, canto á RAM os modelos máis básicos contan con ata 32GB a 2666MHz e os máis completos contan con ata 128GB a 3200MHz. Os tamaños de pantalla varían de 14 a 17 polgadas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal