O próximo 6 de xullo, está prevista a liberación da nova versión de Debian 10 (chamada Buster) e por este motivo vaise celebrar o acontecemento nas instalacións de Aitire unha festa chamada Debian X Party.
Aitire convida a celebrar, a quen se queira apuntar á liberación da nova Debian, coa única “condición” de asistir levando unha camiseta de temática geek ou friki.

Na festa contarán con empanada, cervexa e licor café para os asistentes.
Debian X Party
Aitire
Ven celebrar a release de Buster con nós
Localización
Actividades e horarios
As actividades aínda non están definidas, pero o comezo da festa será ás 17:00 horas.
Como anotarse
Podedes anotarvos a través da web: https://www.aitire.es/debianparty/
Se queres saber máis sobre a nova Debian 10, permanece atento ao portal de Mancomún onde publicaremos novas sobre ela e un programa especial do noso podcast falando das súas principais características.
Máis información
Páxina de Aitire sobre o evento:
https://www.aitire.es/debianparty/
Páxina oficial de debian sobre as X Party: https://wiki.debian.org/ReleasePartyBuster#ReleasePartyBuster.2FSpain.2FVigo.Spain:_Vigo
