DebConf20, evento en liña do 23 ao 29 de agosto

Xoves, 13 Agosto 2020

Nesta ocasión, DebConf20 levarase a cabo no formato en liña do 23 ao 29 de agosto.

Esperamos que en 2021 podamos volver celebrar conferencias en persoa, e que a DebConf 21 teña lugar en Haifa. Nese caso, todas as DebConfs planificadas celebraríanse un ano máis tarde do previsto orixinalmente: 2022 en Kósovo e 2023 en Kochi, India.

DebConf

DebConf é a conferencia anual para os contribuíntes e usuarios de Debian interesados en mellorar Debian.

As conferencias anteriores de Debian contaron con oradores e asistentes de todo o mundo. DebConf19 levouse a cabo en Curitiba, Brasil, e contou coa presenza de 382 participantes de 50 países.

Calendario de actividades

Podedes ver a gran cantidade de charlas e actividades que terán lugar na conferencia a través desta ligazón.

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal