David Recordon, novo director de tecnoloxía da Casa Branca

Venres, 15 Xaneiro 2021
David Recordon, novo director de tecnoloxía da Casa Branca

David Recordon (con gran experiencia en software libre e un dos desenvolvedores de OpenId e oAuth) será o director de tecnoloxía da Oficina de Xestión e Administración da Casa Branca.

David Recordon era o director de enxeñería de Facebook, onde dirixiu os proxectos de software libre da empresa. Tamén dirixiu o proxecto Cassandra (sistema de xestión de bases de datos distribuídas de software libre Apache), HipHop (tradutor de código fonte PHP a C++), así como Apache Thrift (desenvolvemento de servizos multilingües escalables).

A Oficina de Xestión e Administración adoita ser unha oficina interna da Casa Branca que supervisa as operacións e a tecnoloxía que funciona dentro dela para satisfacer as necesidades da oficina executiva do presidente. Pero parece que a administración entrante de Biden pode expandir as funcións de Recordon para que abarquen máis ao goberno que en administracións anteriores.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal