Darktable 4.0, editor fotográfico libre

Luns, 11 Xullo 2022
Darktable 4.0, editor fotográfico libre

Versión 4.0 de Darktable, editor fotográfico de software libre para diferentes tipos de formato de imaxe (RAW, jpg, png…).

Novidades: Filmic v6 (elimina a desaturación próxima ao branco e negro medios e substitúea cun mapeo de gama real). Nova función nos módulos de “exposición” e “calibración de cor”. Novo método “laplaciano guiado” no módulo “reconstrución de realces”.

Espazo de cor uniforme 2022 (UCS 22), renovación completa da interface de usuario. Compatibilidade coa exportación flotante EXR de 16 bits, correccións de erros e maior compatibilidade con cámaras, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal