Logotipo Linux FoundationA Linux Foundation abre o prazo de inscrición para os cursos de seguridade LFS216 que ela mesma oferta orientados a seguridade en contornos Linux. Os cursos son online e tocan temas específicos de seguridade en Internet en sistemas Linux.

Este tipo de cursos están recomendados para calquera persoa involucrada en tarefas de seguridade intermedia. Están enfocados á compresión das configuracións básicas dos compoñentes de seguridade en Linux e ás solucións provistas por Linux Security en calquera nivel de seguridade.
O curso, polo tanto, enfócase aos retos de seguridade que poden afectar a case todos os sistemas, especialmente derivados da conexión a Internet. Moitos dos recursos necesarios para implementar e garantir a seguridade en Linux son provistos tanto polo núcleo Linux como engadidos polas diferentes distribucións Linux. O curso explota moitas destas opcións para protexer os sistemas. Nalgúns casos, usaranse aplicativos especializados baseados en Linux para demostrar como sería interactuar con servidores de produción de empresas reais. O curso, polo tanto, oferta unha experiencia completa que pode ampliar a súas capacidades para as cuestións de seguridade e medidas preventivas.

O curso comeza cunha visión xeral da seguridade para ordenadores e incide en como a seguridade afecta a todos os elementos da cadea de desenvolvemento, implantación, administración e ate o usuario final.

O curso tamén está deseñado para funcionar cunha ampla variedade de distribucións Linux, así que os coñecementos adquiridos pódense aplicar con independencia da distribución Linux empregada.

Os cursos teñen unha duración dun ano e están orientados para un total de 40-50 horas invertidas. Os interesados poden acadar máis información na propia web.

Pin It on Pinterest

Share This