Cursos de LibreOffice na Casa Azul de Pontevedra

Mércores, 2 Xuño 2021
Cursos de LibreOffice na Casa Azul de Pontevedra

A Aula de Informática da Casa Azul ofrece varios cursos de LibreOffice, destinados á veciñanza empadroada no concello de Pontevedra, nos que terán preferencia os usuarios dos servizos da Concellería de Benestar Social e as persoas desempregadas.

Cursos de LibreOffcie

– Libre Office Writer: martes, mércores e xoves, de 12:00 a 13:30 horas. Comezará o 8 de xuño e finalizará o 1 de xullo, cunha duración de 16,5 horas.

– Libre Office Calc: luns e mércores, de 09:30 a 11:00 horas. Comezará o 5 de xullo e finalizará o 28 de xullo, cunha duración de 12 horas.

– Libre Office Impress: martes, mércores e xoves, de 9:30 a 11:00 horas. Comezará o 10 de agosto e finalizará o 26 de agosto, cunha duración de 13,5 horas.

Nota: Estes cursos están pensados para a veciñanza do concello con coñecementos básicos de informática.

Inscrición

As inscricións para as actividades formativas, que impartirá o monitor de Informática da Área de Benestar Social do Concello, poderán realizarse a través das direccións de correo electrónico jlorenzo@pontevedra.eu e aulaud@gmail.com ou ben directamente na Aula de Informática, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 horas.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal