A Aula Cemit de Combarro, situada na antiga Escola do Campo, iniciará o ano 2023 ofrecendo un curso de iniciación a LibreOffice Calc, do 16 ao 20 de xaneiro. Para persoas con nivel medio en Calc, terá lugar outro curso na semana do 23 ao 27 de xaneiro.

Na semana do 30 de xaneiro ao venres 3 de febreiro, as clases serán sobre Scribus, un programa informático para o deseño de carteis e folletos. Todos os cursos desenvólvense en dúas franxas horarias: de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas.

As persoas interesadas en anotarse nalgún destes curso poden facelo enviando un correo electrónico á dirección cemit.poio@xunta.gal. A información relacionada con estas actividades pódese consultar no perfil da Aula Cemit en redes sociais ou chamando ao número de teléfono 986770001 (extensión 1321).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This