Aberta a inscrición ao curso “MOOC de Software Libre” (na modalidade de curso tipo MOOC, aberto, en liña e gratuíto), organizado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Granada.

O curso, que empeza o luns 13 de maio, ten unha duración de dúas semanas, divididas nun primeiro módulo onde se fala da lei da ciencia, das características do software libre e a súa relación coa propiedade intelectual, e un segundo módulo onde se fala da importancia de educar con software libre.

 

É un curso aberto en liña, gratuíto e en idioma español. Pensado para chegar a toda a comunidade, de metodoloxía sinxela e onde os contidos non requiren un nivel técnico alto.
O único requisito necesario para seguir este curso é ter ganas de aprender o que rodea ao mundo do Software Libre.

Cartaz MOOC OSL UGR

Programa do curso

  • A filosofía que propón o Software libre
    • Que é Ciencia Aberta?
    • Software Libre e comunidades
    • Propiedade Intelectual e Licenzas
  • Onde podemos atoparnos o Software Libre
    • Educar con Software Libre

 

Persoal do curso

  • Coordinación académica
    • María Isabel García Arenas: Directora da Oficina de Software Libre de la Universidad de Granada
  • Profesorado
    • María Isabel García Arenas: Prof. Titular del dep. de Arquitectura y Tecnología de los Computadores
    • Pilar Rico Castro: Prof. Asociada del dep. de CC. Políticas y la Administración de la UNED
    • Remedios Fernández Lozano: Experta en tecnologías creativas y educativas. MomandGeek.com
    • Juan Antonio Orellana: Responsable de gestión de Propiedad Intelectual de la OTRI Universidad de Granada

 

Máis información e inscrición nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This