A aula CeMIT de Ames continúa as súas sesións formativas, co curso avanzado sobre o procesador de textos de LibreOffice, Writer.

Terá lugar os luns e mércores, en horario de 18:00 a 20:00, dende o 30 de setembro ata o 9 de outubro.

O curso será a continuación do curso de iniciación a Writer que se impartiu a principios de setembro. Nesta edición, veranse funcións máis avanzadas do procesador de textos: campos automáticos, táboas, números de páxina e asistente de correspondencia, indicado para a xente que xa coñece Writer e quere mellorar os seus coñecementos na ferramenta.

Writer ten todas as características que necesitas dunha ferramenta moderna, con todas as funcións de procesamento de textos e auto edición. É bastante simple para unha nota rápida, e tamén potente como para crear libros completos con contidos, esquemas, índices e máis.

Sobre LibreOffice


LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Reseva da túa praza

Para reservar unha praza podes:
– Acceder á web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal/gl/centro/9
– Pasar pola aula en horario de aula aberta (cando non hai cursos) no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.
– Chamar por teléfono ó 682 373 753.
– Enviar un correo electrónico a: cemit.ames@xunta.gal


Para estar informado sobre outras actividades, tamén podedes seguir as redes sociais da aula CeMIT de Ames:
Facebook
Instagram

Máis información sobre este e outros cursos da aula CeMIT de Ames

Pin It on Pinterest

Share This