Logo de GalponGALPon informa que vai impartir un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro e 26 de novembro.

O curso terá unha duración de 30 horas que se distribuirán os luns e mércores de 15:00 a 17:00 horas e celebrarase na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.

Logo de libreofficeO obxectivo do curso é capacitar aos asistentes para traballar de forma avanzada con documentos ofimáticos nas súas tres principais variantes:
  • Procesador de texto co LibreOffice Writer.
  • Follas de cálculo co LibreOffice Calc.
  • Realización de presentacións co LibreOffice Impress.

O programa completo deste curso é o seguinte:

  • Introdución ao LibreOffice
  • Editor de Texto – Writer
    • Edición de Texto avanzada (formatos, estilos, ortografia, figuras, listas, táboas)
    • Traballando con Modelos (plantillas)
    • Seccións e documento mestre
    • Anotacións
  • Folla de cálculo – Calc
    • Inserción, movemento e operación de datos nunha folla
    • Fórmulas
    • Formato da folla (formatando tipos de letra, números, aliñamento, bordos, cores)
    • Estilos
    • Formato condicional
    • Ordenación de datos
    • Filtros (autofiltro e patrón)
    • Gráficos e impresión
  • Presentación – Impress
    • Modos de exhibición do espazo de traballo
    • Traballando con diapositivas (inclusión, exclusión, movemento)
    • Obxectos na diapositiva (figuras, obxectos, hiperligazóns e gráficos)
    • Diapositiva principal
    • Efectos e transición de diapositivas
    • Exportando presentacións para outros formatos
    • Modos de transición

Hai un total de 18 prazas dispoñibles. O curso está dirixido ao público en xeral, variando as taxas de matriculación entre os 20€ e os 40€ en función do colectivo ao que se pertenza.

O prazo de inscrición ábrese o próximo luns 24 de setembro e permanecerá aberto ata o día 5 de outubro.

Todas aquelas persoas interesadas poden ampliar información a través da páxina de Extensión Universitaria así como acceder ás instrucións para a matriculación no curso.

Pin It on Pinterest

Share This