O CNTG, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, acollerá un curso práctico sobre Arduino.

Dende o 15 do presente mes ata o día 4 de decembro impartirase o curso que versará sobre a plataforma Arduino, referente a día de hoxe no eido do hardware libre e con cada día máis presenza na docencia, Investigación e desenvolvemento e na Industria 4.0.

A plataforma Arduino está formada tanto polos elementos hardware como así tamén a contorna de desenvolvemento e librarías software. Para traballar sobre Arduino é moi recomendable ter coñecementos previos sobre as devanditas pezas e tamén sobre electrónica. Durante o tempo que dure a formación, afondarase en todas as disciplinas a un tempo para que os asistentes obteñan unhas destrezas medias sobre a plataforma, de xeito que se gañe a autonomía suficiente como para, despois pola súa conta, poidan ser autónomos noutros proxectos de igual ou maior calado. Todo sempre dende unha aproximación práctica.

Os obxectivos do curso son, coñecer a plataforma Arduino a través do seu estudo e uso. Encontrar similitudes coa tecnoloxía que nos arrodea e cambiar o xeito que temos de interactuar con ela. Está dirixido a todas aquelas persoas que pola súa profesión ou intereses poidan tirar proveito da plataforma. A matrícula é de balde e a duración é dunhas 63 horas.

Pin It on Pinterest

Share This