Curso de WordPress na aula CeMIT de Boiro

Martes, 2 Novembro 2021
Curso de WordPress na aula CeMIT de Boiro

A aula CeMIT de Boiro seguirá mostrando este mes á cidadanía como como tirar proveito das principais ferramentas libres tecnolóxicas, continuando co “Curso de Introdución a WordPress” en formato online, que se celebrará entre o 8 e 11 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contidos que está enfocado na creación de sitios web para internet, principalmente encamiñado a blogs, pero grazas á capacidade de personalización que ten pódese empregar para case calquera tipo de páxina web.

WordPress é un dos CMS (Content Management System) máis empregados en internet o que se traduce nunha comunidade moi grande arredor deste software que ademais conta con unha cantidade moi grande de extensións dispoñibles para a súa personalización, entre estes engadidos cabe destacar WooCommerce, que permite converter o WordPress nunha tenda en liña.

Inscrición

Para inscribirse ao curso pódese contactar coa aula CeMIT – Centro Social de Boiro, a través do correo axentetic@boiro.org, ou dos teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal