Entre os días 23 e 26 de novembro terá lugar o curso “Tenda Online en WordPress” na aula CeMIT de Cuntis.

Esta formación está orientada a emprendedores ou persoas que teñan unha empresa e queiran dar o paso a ter unha tenda en internet. O curso ten unha duración total de 8 horas impartidas en sesións de 2 horas cada unha de 10:00 a 12:00 horas nas que contarán de forma introdutoria aspectos básicos sobre a creación e a contratación dunha páxina web para unha empresa mediante a solución libre WordPress.

WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contidos que está enfocado na creación de sitios web para internet, principalmente encamiñado a blogs, pero grazas á capacidade de personalización que ten pódese empregar para case calquera tipo de páxina web.

WordPress é un dos CMS (Content Management System) máis empregados en internet o que se traduce nunha comunidade moi grande arredor deste software que ademais conta con unha cantidade moi grande de extensións dispoñibles para a súa personalización, entre estes engadidos cabe destacar WooCommerce, que permite converter o WordPress nunha tenda en liña.

Pin It on Pinterest

Share This