O Concello de Lalín co fin de dinamizar e fomentar o coñecemento en novas tecnoloxías organiza unha serie de cursos de robótica para nenos de 8 a 15 anos en distintas datas do verán entre Xuño e Setembro.

Os obxectivos destes cursos son fomentar o pensamento lóxico-dedutivo, a programación por bloques e a computación dun xeito divertido e práctico.

No curso empregarase o robot galego “Escornabot“, o kit de robótica BQ e o IDE de Arduino, que iniciarán ao alumno na robótica sen necesidade de coñecementos previos.

Os cursos organizaranse en grupos de 8 persoas ata un total de 32 prazas. A inscrición para os cursos é gratuíta e a duración do curso rondará as 20 horas por cada grupo.

A inscrición aos grupos vaise facer por orde de recepción. Tamén as persoas doutras idades, ou que non estean empadroadas en Lalín, poderán facer o curso sempre e cando de dese o caso de estar dispoñibles prazas libres e por orde de inscrición.

Os cursos levaranse a cabo na Aula CEMIT, no Auditorio de Lalín, na rúa do Parque e as datas e horarios para estes cursos, que tamén pódese consultar na web do Concello de Lalín, sería a seguinte:

  • Grupo 1 – do día 26 ao 30 de xuño de 10:00h a 14:00h
  • Grupo 2 – do día 26 ao 30 de xuño de 15:30h a 19:30h.
  • Grupo 3 – do día 4 ao 8 de setembro de 10:00 a 14:00h.
  • Grupo 4 – do día 4 ao 8 de setembro de 15:30 a 19:30h.

Todos os interesados poden usar a Sede Electrónica do Concello de Lalín para facer a inscrición dende o pasado Luns 19 de Xuño.

Pin It on Pinterest

Share This