Curso de retoque de fotos con GIMP, na aula CeMIT de Boiro

Martes, 29 Setembro 2020

Na aula CeMIT do Concello de Boiro, vai ter lugar un obradoiro de “Retoque de fotos con GIMP”, vaise impartir os días 5 6, 7 e 8 de outubro e no que os usuarios van aprender o funcionamento de GIMP, ferramenta para retoque de imaxes e deseño.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Máis información e inscrición na web da aula CeMIT

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal