Curso de retoque de fotografías con GIMP en Boiro

Luns, 25 Outubro 2021
Curso de retoque de fotografías con GIMP en Boiro

A aula CeMIT de Boiro mostrará este mes á cidadanía como como tirar proveito das principais ferramentas libres tecnolóxicas, empezando co curso sobre “Retoque de fotografías con GIMP” que se celebrará entre o 2 e o 4 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

GIMP

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits multiplataforma (GNU/Linux, Microsoft Windows e macOS), co que se pode traballar tanto con debuxos como con fotografías. É un programa de software libre e gratuíto. Está dispoñible baixo a licenza GPL e a GNU Lesser General Public License.

A interface de GIMP está dispoñible en varios idiomas, incluídos o galego e o español, entre outros. GIMP ten ferramentas que se utilizan tanto para o retoque coma para a edición de imaxes e debuxos.

Inscrición

Para inscribirse ao curso pódese contactar coa aula CeMIT – Centro Social de Boiro, a través do correo axentetic@boiro.org, ou dos teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal