A fundación FEUGA prepara un curso sobre “Programación con Python dende cero”, en formato online, os días 28 de febreiro e 2, 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de marzo de 2023, en horario de 15.30 a 18.00 horas.
FEUGA comentou que:
“… é unha linguaxe doada de comprender, que non require coñecementos previos e coa que poderemos traballar con datos de forma eficiente e realizar análises complexas”.
“Python é unha linguaxe de programación potente e versátil que gañou gran popularidade nos últimos anos debido á súa facilidade de aprendizaxe, a súa ampla gama de aplicacións e a súa gran comunidade de desenvolvedores”
A data límite de inscrición é o 22 de febreiro.