Entre o 16 de outubro ata o 17 de decembro de 2019, terá lugar o “Web development bootcamp”, curso sobre programación web con software libre.

Será de luns a venres, 5 horas ao día, cunha duración total de 316 horas, divididas en 200 horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de traballo do alumnado en proxectos individualizados.

A formación presencial estará distribuída aproximadamente en 3 meses. A formación práctica será impartida por profesionais e formadores coñecedores do sector e que dispoñen de contactos continuos con empresas do sector, colaborando na inserción laboral dos alumnos.

Localización

O bootcamp terá lugar no Centro de Desenvolvemento Local, en Lomba do Cruceiro 5, Ribadetea (Ponteareas).

Contidos

Módulo I
Introdución á programación web
Preparación do contorno: editor de texto, ferramentas, navegadores, HTML, CSS3

Módulo II
CSS3 avanzado, animacións e transicións, frameworks e guías de estilo

Módulo III
JavaScript: introdución á linguaxe; manipulación do DOM; e peticións HTTP, recollida e manipulación de datos no Front

Módulo IV
Ferramentas de FrontEnd, automatización: Grunt, Gulp, Webpack, pre-procesadores e CSS: SASS, uso de mixins e arquitectura CSS, introdución aos frameworks e exposición do proxecto final

Obxectivos

Curso dirixido a menores de 30 anos, beneficiarios no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (inscritos no momento actual como demandantes de emprego nun servizo público de emprego), con nivel de estudos mínimo desexable de Bacharelato ou FP grao medio e con compromiso de implicación durante as semanas que dura o curso.

Este curso pretende formar traballadores que poidan abarcar tarefas relacionadas coa programación web con software libre. Combater o desemprego xuvenil mellorando as competencias que os mozos teñen e as que as empresas demandan.

Pretende que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para ter capacidade propia de desenvolverse neste sector.

Inscrición

O curso é gratuíto por ser un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, pero é necesaria a inscrición a través deste formulario web.

Máis información:
Web oficial
– Mandando petición de información a través do correo: cursoEOI.pontevedra@eoi.es

Pin It on Pinterest

Share This