Curso de Programación en Python

Martes, 20 Abril 2021
Curso de Programación en Python

Do 24 de maio ata o 4 de xuño, terá lugar o curso gratuíto, en modalidade virtual sobre Programación en Python”.

Python

Python é unha das linguaxes de programación de propósito xeral máis populares e estendidas a día de hoxe. Foi adoptado na maioría de sectores industriais -finanzas, medicina, análise de datos …- e é fundamental para o desenvolvemento de destrezas crave no sector TIC: Big data, Machine learning, Data analysis, IoT ou estatística.

O presente curso oficial do Python Institute foi desenvolvido para formar alumnos/as nas habilidades necesarias para a programación en Python: deseñar, escribir, depurar e executar programas, ao mesmo tempo que se obteñen coñecementos fundamentais e habilidades de programación necesarias para o desenvolvemento web, a análise de datos ou a IoT, entre outros moitos campos. Destacar, como valor engadido, que o presente curso prepara aos/as estudantes cara á superación da prestixiosa certificación oficial PCAP – Python Certified Associate Programmer.

Ao obter a certificación PCAP, asegúrase de que o/a participante estea completamente familiarizado/a con todo o relativo á linguaxe de programación Python. Ao ser unha certificación de nivel Associate, é o primeiro paso na carreira profesional dun/dunha programador/a que queira acreditarse co máximo recoñecemento no xa coñecido como a linguaxe da internet das cousas (IoT).

Obxectivos

Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de realizar satisfactoriamente as seguintes tarefas:
Utilizar a sintaxe da linguaxe Python para deseñar sinxelos programas
Utilizar métodos e estruturas de decisión e bucles para determinar o fluxo de execución dun programa
Utilizar e construír módulos e paquetes para unha correcta organización do código
Coñecer as bases da programación orientada a obxectos
Utilizar e manipular referencias a obxectos e escribir código de xestión de erros
Manexarse satisfactoriamente na manipulación de arquivos
A formación tamén o preparará para o exame de certificación PCAP.

Dirixido a

O curso está orientado a todos/as aqueles/as que desexen iniciar a súa carreira como programador/a en Python ou aprender unha nova linguaxe de programación. Así mesmo, tamén está dirixido a calquera perfil TIC (programadores/as e administradores/as de sistemas) que queiran incorporar Python á súa área de coñecemento e poder aplicalo no seu traballo.

A pesar de ser un curso introdutorio e para un maior aproveitamento da formación, recoméndase ter nocións básicas de programación. Tamén é recomendable posuír un nivel medio de comprensión lectora en inglés.

Perfil do docente

Formador/a con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispón das certificacións oficiais do Python Institute para impartir este curso.

Temario

Conceptos básicos de programación en Python:
O teu primeiro programa
Entrada e saída de datos
A función print()
A función input()
Tipos de datos
Uso e definición de variables
Operadores e expresións
Operadores aritméticos
Operadores relacionais
Prioridade entre operadores
Conversións entre tipos de datos

Bucles e estruturas de decisión en Python:
Indentación do código
Estruturas de tipo if- else- elif
Estruturas de tipo while
Estruturas de tipo for
Uso de break e continue
Operacións lóxicas e a nivel de bits
Listas en Python
Matrices en Pyton

Funcións e estruturas de datos en Python:
Definición e uso de funcións
Argumentos por nome e por posición
Shadowing en funcións
Ámbitos de visibilidade
Variables globais
Recursividade
Tuplas en Python
Dicionarios en Python

Uso de módulos e paquetes en Python:
Módulos e paquetes
Importación de módulos
Uso de módulos estándares
Definición e uso de módulos
Definición e uso de paquetes
Xestión de erros e excepcións
Strings en acción

Programación en Python

Programación orientada a obxectos en Python:
Conceptos básicos de POO
Clases vs Obxectos
Definición e uso de propiedades
Definición e uso de métodos
Reflexión e introspección
Herdanza: xerarquía de clases
Herdanza vs Composición
Herdanza simple vs Herdanza múltiple
Excepcións en Python
Anatomía dunha excepción
Definición e uso de excepcións propias
Generators e Closures
Funcións lambda

Manipulación de arquivos en Python

Inscrición e probas de selección

A inscrición pode realizarse a través desta web.

As probas de selección realizásense mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presencial ao CNTG, a poderá realizar o/a candidato/a rexistrado/a ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente na data e hora indicada para iso.

O/A candidato/a rexistrado/a recibirá un mail desde a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 días antes da mesma. A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos a navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).

Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal