Curso de presentacións na aula CeMIT de Ames

Martes, 16 Marzo 2021
Curso de presentacións na aula CeMIT de Ames

Curso sobre presentacións con LibreOffice Impress, comezará o luns 22 de marzo e rematará o venres 25, en horario de 17.30 a 19.00 horas.

Trátase dunhas clases de introdución ata o nivel medio de creación de presentacións con Impress: peculiaridades das presentacións, interface do programa, inserción e formatado dos elementos (cadros de texto, imaxes, FontWork, táboas, gráficas, vídeos…), animación e interacción das diapositivas, manexo de plantillas…

Impress

Impress é unha ferramenta que permite a creación de presentacións ou diapositivas multimedia dun xeito intuitivo e sinxelo.

Mediante o uso de Impress poden crearse diapositivas con debuxos, textos, diagramas así como diagramas vectoriais, así mesmo tamén se poden facer transicións entre diapositivas, animacións de texto e efectos multimedia.

O formato de ficheiro nativo de Impress é o ODP (Open Document Presentation), aínda que tamén pode utilizar outros formatos de presentacións. Así mesmo tamén pode exportar a presentación a diversos formatos como o PDF.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Como anotarse e asistir virtualmente

Para poder inscribirse precísase dun ordenador co software necesario, conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Este curso mestura sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse na actividade será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal