Pese a estar ligado á Aula CeMIT, impartirase a través de Youtube e mesturánrase partes teóricas con exercicios máis prácticos.

Este curso trátase dunha introdución ao manexo do procesador de textos LibreOffice Writer I na que se aprenderá sobre a súa interface, formato de carácter, parágrafo, inserción e formatado de imaxes, formas, táboas… todo pensado para achegar a ofimática ó público xeral, pero tamén para os que desexen presentarse ó exame CODIX.

En marzo, haberá tamén un segundo nivel deste curso, procesador de textos con LibreOffice Writer II, un curso de nivel medio no que se profundará no uso do procesador de textos aprendendo a manexar campos automáticos, cabeceira e rodapé, formato de páxina, FontWork, sinaturas dixitais…

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

LibreOffice

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Rede CeMIT

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames programou recentemente varios cursos telemáticos para a temporada de xaneiro a marzo. Algúns destes cursos son sobre tecnoloxías libres, como o curso de Deseño vectorial con Inkscape, ou tamén a continuación do curso de LibreOffice Writer, que será do días 1 ata o 5 de marzo. Máis información sobre os cursos desta aula nesta ligazón.

Inscrición

Para poder inscribirse precísase un ordenador co software necesario (LibreOffice) e conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Estes cursos mesturan sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse nalgunha das actividades será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal.

Unhas horas antes do comezo de cada curso todo asistente recibirá por correo electrónico a información necesaria para acceder a cada sesión.

Máis información na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This