Curso de Introdución a WordPress na aula CeMiT de Boiro

Luns, 3 Maio 2021
Curso de Introdución a WordPress na aula CeMiT de Boiro

Do 10 ao 13 de maio, en horario de 10.00 a 12.00, terá lugar o curso de “Introdución a WordPress” organizado pola aula CeMIT de Boiro en formato online.

WordPress

WordPress é un sistema de xestión de contidos que está enfocado na creación de sitios web para internet, principalmente encamiñado a blogs, pero grazas á capacidade de personalización que ten pódese empregar para case calquera tipo de páxina web.

WordPress é un dos CMS (Content Management System) máis empregados en internet o que se traduce nunha comunidade moi grande arredor deste software que ademais conta con unha cantidade moi grande de extensións dispoñibles para a súa personalización, entre estes engadidos cabe destacar WooCommerce, que permite converter o WordPress nunha tenda en liña.

Inscrición

Tedes toda a información na web municipal e na aula CeMIT do Concello de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal