Do 28 de setembro ao 8 de outubro terá lugar un “Curso de GIT” organizado polo CIXUG.

GIT

GIT é o sistema de control de versións máis usado na actualidade. Un sistema de control de versións desenvolvido por Linux Torvalds no ano 2005 e que se fixo tremendamente popular grazas a servizos como GitHub, Bitbucket ou GitLab e á súa ampla aceptación en proxectos importantes como o Kernel de Linux, Android, Ruby on Rails, Eclipse, GNOME, KDE, Qt, Perl ou PostgreSQL.

Se es programador, desenvolvedor web, administrador de sistemas, deseñador,… é moi probable que nalgún momento do teu traballo te encontres cun proxecto no que teñas que colaborar con outras persoas usando GIT. Pode que traballes só, pero que che interese ter un seguimento e control do teu traballo. Nestes dous casos e en moitos máis, un coñecemento máis ou menos profundo de GIT permitirache ser moito más produtivo no teu traballo e, sobre todo, evitar moitos dos problemas cos que se encontra a miúdo a xente que non traballa cun sistema de control de versións.

Se o teu ámbito de traballo é técnico e aínda non usas GIT, cando leves uns meses usándoo preguntaraste como é posible que non o empezaras a usar antes.

Temario

– Introdución aos sistemas de control de versións e a Git.
– Instalación.
– Axuda.
– Configuración inicial.
– Conceptos básicos.
– Comandos básicos.
– Ramas.
– Historial.
– Cambios no proxecto.
– Etiquetas.
– Repositorios remotos.
– Alias.
– Interfaces gráficas.
– Conflictos e a súa resolución.
– Reset.
– Cherry pick.
– Stash.
– Bisect.
– Blame.
– Rebase.
– Squash.
– Reflog.

Este curso forma parte das actividades enmarcadas dentro do Convenio de colaboración da Amtega para o desenvolvemento do software libre en Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This