Logo de openstackLogo de openshift origin

Os profesores de informática de FP da provincia de Cádiz están recibindo un curso de “Fundamentos de Cloud Computing con OpenStack e OpenShift”, ambas solucións con licenza libre.

Os materiais deste curso están dispoñibles tamén con licenza libre polo que pode ser consultado e seguido por calquera. Ademais o curso inclúe a realización de 4 webminars en directo a través de Google Hangout, dos que xa se emitiron os 3 primeiros estando programado o próximo 28 de maio.

O curso está orientado a coñecer as principais características do cloud computing, mediante a utilización dunha nube privada de infraestrutura con OpenStack e unha nube pública de plataforma con OpenShift, ambos solucións con licenza libre.

Unha boa oportunidade para empresas interesadas en ofrecer servizos de computación na nube, ou en despregar unha nube privada, ou para docentes interesados en poñerse ao día no uso destas tecnoloxías cada vez con maior demanda.

Cloud computing. Tipos de nubes

O Cloud computing ou computación na nube consiste nun novo modelo de prestación de servizos tecnolóxicos a través da rede, o que permite empregar ditos servizos sen depender da dispoñibilidade e uso das propias infraestruturas e recursos tic da empresa.
Existen diversos tipos de cloud computing en función dos servizos ofrecidos, da dispoñibilidade dos mesmos e do custe de acceso aos mesmos.

Diferenzas entre os tipos de nube en canto ao control dos servizos. Fonte: ad-hoc.netAsí, segundo os servizos ofrecidos temos o que se coñece como “Software as a Service (SaaS)”, que ofrece unha aplicación completa como servizo na nube, como por exemploGoogle Drive ou Dropbox; “Platform as a Service” (PaaS), que ofrece unha plataforma completa para o desenvolvemento e despregue de software, obviamente dirixida a empresas desenvolvedoras de software, como por exemplo Google App Engine, Windows Azure, Red Hat OpenShift ou Heroku; e “Infrastructure as a Service” (IaaS) que ofrece almacenamento e capacidades de cómputo (máquinas virtuais) como servizo na nube como por exemplo Amazon Web Services, RackSpace Cloud, Joyent o Windows Azure.

Por outra parte distínguese Nube privada, cando unha organización ou empresa configura os seus propios recursos para ofrecer unha nube accesible só para os empregados da organización; nube pública, cando unha organización ofrece servizos a terceiros e ao público en xeral xa sexa de forma gratuíta ou por pago por uso.

Cloud computing e software libre

Existen solucións en Software Libre que permiten implementar tanto nubes privadas como públicas.

OpenStack é unha plataforma de cloud computing feita con con software libre para despregar nubes públicas e privadas, desenvolvida coa idea de ser sinxela de implementar, masivamente escalable e con moitas prestacións. Entre as empresas que o usan ou contribúen ao seu desenvolvemento atópanse Cisco, Paypal, Webex, Ebay, NASA, Rackspace, Dell, HP, Comcast, Seagate, Intel, AT&T e NetApp.

OpenShift é a Plataforma como servizo de cloud computing de Red Hat. Pode empregarse a versión do cloud público, OpenShift Online, como produto de pago OpenShift Enterprise ou ben instalando directamente un cloud privado co software OpenShift Origin dispoñible en GitHub con licenza libre.

Un exemplo de solución libre de Software as a Service é owncloud, que permite ofrecer un servizo de almacenamento e sincronización de ficheiros na nube, do que xa temos falado en numerosas ocasións.

Pin It on Pinterest

Share This